I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
Daniel Yánez Rivera

Mouse de iogur, xeado de menta e mel e ensalada de frotas

INGREDIENTES: Mousse de iogur: 200 g iogur natural, 100 g nata, 25 g azucre e 4 unidades de xelatina. Xeado de menta e mel: 500 g leite, 150 g nata, 40 g licor de menta, 100 g azucre, 60 g mel, 35 g leite en po, 3 g estabilizante. Crocante de café: 125 g azucre lustre, 125 g fariña frouxa, 10 g café soluble, 90 g claras de ovo, 175 g xarope. Ensalada de froitas con mel: 200 g zume laranxa, 100 g mel, 1 unidade kiwi, 1 unidade laranxa, 1 unidade mazá, 2 unidades amorodos.

01_co_01

Mousse de iogur: mestúrase o iogur co azucre e bátese lixeiramente. Quéntase un pouco de iogur para fundir as follas de xelatina (previamente remolladas). Incorpórase o resto do iogur e quéntase a 32oC, engádese a nata escumosa con delicadeza. Vértese en molde e resérvase ao frío.
Xeado de menta e mel: faise unha infusión co licor de menta, o leite e a nata. Incorpórase o leite en po e o mel, logo o estabilizante co azucre e pasteurízase a 86oC. Gárdase a -8oC. Resérvase.
Crocante de café: mestúrase o azucre lustre, a fariña e o café. Engádese o xarope e logo as claras, trabállase ata que quede unha masa lisa. Fórmase en placa con tapete de silicona e cócese a 170oC durante uns 6 minutos aproximadamente.
Ensalada de froitas e mel: fúndese o mel co zume de laranxa. Engádense as froitas cortadas delicadamente e gárdanse en frío.

 

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia