Elaboración natural
A elaboración do mel é un segredo celosamente gardado polas abellas. Tanto é así, que o home aínda non descubriu o modo de fabricar tan prezado produto. O apicultor debe limitarse a recollelo das colmeas e a mimalo como se fose el mesmo unha abella. Polo xeral, nas nosas latitudes a recollida do mel adóitase facer entre os meses de xullo e setembro. Os nosos e as nosas apicultoras realizan este traballo a man, artesanalmente, como se leva facendo dende hai séculos, dende a construción das colmeas ata a venda do mel.
Sen embargo, as necesidades dos consumidores e as melloras técnicas do progreso levan a evolución tamén no mundo da apicultura. Un sector produtivo máis forte é o resultado, por exemplo, de que as colmeas móbiles de alzas desprazasen as de cortizo de sobreira e os trobos, e de que o coidado das abellas se realicen con maiores esixencias. Todos estes traballos fanse coa máxima pulcritude e coas atencións máis demoradas para asegurar que o produto chegue ao consumidor nas mellores condicións.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org