Características

 

As peculiaridades do clima, do solo e da vexetación de Galicia dan lugar a diversos meles de moi diferentes características e sabores. Sen embargo, e pensando no consumidor, o Mel de Galicia, así etiquetado polo Consello Regulador da I.X.P., debe reunir os requirimentos sinalados RD 1049/2003, 1 de agosto Norma de Calidade relativa o mel (BOE nº186 do 5-08-2003) e os propios restrictivos da I.X.P., Mel de Galicia. Os parámetros que recolle esta normativa de consumo e comercialización son:

avellas

-Un máximo de humidade do 18,5%.
-Unha actividade diastásica superior a 9 na escala de Schade, a excepción dos meles con baixo contido encimático, nos que deberá ser superior a 4 (sempre que o hidroximetilfurfural non exceda de 10 mg/kg.)
-Un máximo de 28 mg/kg. de hidroximetilfurfural.
-Un espectro polínico que na súa totalidade debe corresponder ó propio de Galicia en función dos polens maioritarios e á porcentaxe mínima esixida para a monofloralidade.
- Unhas calidades organolépticas que se correspondan coa súa orixe botánica polo que respecta á cor, ao aroma e ao sabor.


 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia