I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.
Finalista:
David Payo Varela
CREMA DE REQUEIXO, LARANXA CONFEITADA CON MEL de Galicia, XEADO DE ESPECIAS E GALLETA DE MEL E ESPECIAS
|
Crema de requeixo: semimóntase a nata e mestúrase con suavidade o requeixo. Remóllanse as follas de xelatina, escórrense e fúndense nunha pequena parte de nata quente. Engádese a xelatina e mestúrase. Salpeméntase e resérvase en frío.
Biscoito sablé bretón especiado: móntanse as xemas co azucre, críbase a fariña co fermento químico e sal. Empómase a manteiga e engádese á mestura de xemas e azucre, engádese a fariña e agréganse as especias (anís, cravo e canela). Esténdese e déixase repousar. Cócese a 150o-160oC 13 minutos.
Perna de laranxa confeitada: retírase a pel das laranxas e déixanse uns minutos en auga quente para facilitar a retirada das peles brandas sen romper as pernas. Quéntase o mel xunto co xarope e engádense as pernas. Engádese o licor e resérvase.
Xeado de mel e especias: mestúrase a nata e o leite. Férvese. Faise unha infusión coas especias. Mestúranse as xemas co mel e bátese. Engádese o leite ás xemas e cócese a lume lento. Arrefríase. Pasteurízase e conxélase.
Nun prato redondo, ponse a crema de requeixo e a galleta. Enriba da crema, póñense as pernas de laranxa confeitadas e enriba da galleta o xeado especiado de mel.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org