I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
Rafael Lechuga Butrón

COPA TRIFáSICA DE MERENGADO DE CÍTRICO, ESCUMA DE TOMIÑO E MEL LICUADO SOBRE TELLAS DE AMÉNDOA E AIRE

INGREDIENTES: Merengado de cítrico: 50 g zume laranxa, 60 g nata, 2 colas de xelatina, 25 g clara de novo, 25 g azucre. Escuma de tomiño: 1 cullerada tomiño seco, 1 clara de ovo, 25 g azucre, 1,5 dl auga, 1 cola xelatina. Tella de améndoa: 25 g manteiga, 25 g améndoa moída, 25 g clara de ovo, 25 g azucre, 25 g fariña. Flores pensamento. Mel de Galicia licuado: 25 g mel de Galicia, 1,5 dl auga.

01_co_01

Merengado de cítrico: faise o xarope co zume de laranxa e o azucre. Unha vez rematado, engádense as colas de xelatina e déixase arrefriar. Móntase a clara e mestúrase coa nata. Engádese o xarope e reméxese ata que quede homoxéneo. Resérvase.
Escuma de tomiño: faise unha infusión de tomiño, engádense as colas de xelatina e déixase arrefriar. Móntanse as claras e engádense o azucre e a infusión remexendo suavemente. Resérvase.
Tellas de améndoas: mestúranse as claras, o azucre, a améndoa, a manteiga e a fariña. Lévase a masa ao forno en pequenas porcións.
Nunha copa, colócase no fondo o mel licuado, déixase un espazo de aire, logo tella de améndoa, enriba a escuma e, sobre a tella de améndoa, o merengado. Decórase con flores pensamento e tomiño.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia