I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
Xosue Casanova Traseira

CREMOSO FLUÍDO DE CHOCOLATE E MEL DE GALICIA SOBRE SOPA DE CÍTRICOS E ESCUMA DE MENTA

INGREDIENTES:210 g chocolate, 140 g manteiga, 530 g azucre, 450 g fariña, 3 ovos, 1/2 l auga, 600 g laranxas, 0,4 l nata, 10 unidades xelatina, 500 g glicosa, 300 g mel de Galicia, 7 unidades infusión de menta, menta c/s.

01_co_01

Xelatina de mel: dilúese a xelatina en mel. Ponse nun molde e solidifícase en conxelador.
Cristal de mel: mestúrase mel e glicosa e estírase en silpat; introdúcese no forno 10 minutos a 225oC e resérvase.
Sopa: faise un xarope co azucre e a auga e introdúcese a laranxa enteira torada. Cócese aproximadamente 40 minutos. Tritúrase a laranxa e pásase por un chinés.
Escuma: ponse a menta en auga para facer unha infusión e dilúese xelatina nesta. Mestúrase coa nata e engádese pipermint, introdúcese en sifón con dúas cargas.
Cremoso fluído: móntase na kitchen o chocolate, a manteiga, os ovos e o azucre. Engádese a fariña cribada.
Introdúcese en molde forrado con papel parafinado ata dous terzos do molde. Introdúcese no centro a xelatina de mel e recóbrese ata a terceira parte do molde cubrindo ben. Enfórnase 13 minutos a 225oC. Empratar.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia