I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
Adrián Felípez Agrelo

LASAÑA DE VIEIRAS, AGUACATE E PLÁTANO SOBRE CREMAD DE CABAZA E MEXILLÓN AO PERFUME DE XEREZ CON CRISTAIS DE MEL DE GALICIA, ORTIGAS FRITAS E A SÚA VINAGRETA DE CORA

INGREDIENTES: 2 aguacates, 1 plátano, 3 vieiras, 250 g cabaza, 150 g mexillóns, 1 allo porro, 1 rama de ortigas, 4 noces, 50 g mel de Galicia, 0,5 dl xerez branco seco,
0,5 dl vinagre de Módena, 3 dl aceite de oliva, 40 g manteiga, 100 g azucre, 750 ml leite, sal maldón, pementa, noz moscada, sal.

01_co_01

Crema de cabaza e mexillón: refógase en manteiga o allo porro, engádese a cabaza torada, móllase co leite, sazónase e déixase ferver 15 minutos. Engádense os mexillóns, tritúrase e aromatízase con xerez seco.
Lasaña: córtase en toros o aguacate, a vieira e o plátano. Maríñase en vinagre de Módena e noz moscada. Faise lixeiramente á prancha.
Ortigas: sepáranse as follas e frítense en aceite quente.
Cristais de mel: mestúrase o azucre co mel. Estírase o caramelo en silpat, déixase arrefriar e tórase.
Vinagreta de coral de vieira: tórase a coral e mestúrase con aceite de oliva.
Presentación do prato, colócase a lasaña sobre unha base de crema de cabaza. Colócanse enriba as ortigas e o cristal de mel. Decórase a crema con gotas de vinagreta de coral.

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia