I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.
2ªClasificada:
Andrea Llopis Pérez
ATÚN CON SALSA DE SOIA E MEL
|
Córtase o atún en tacos, salpeméntase e resérvase. Póñense a lume suave nunha pota as patacas cortadas en toros finos e cóbrense con aceite de xirasol. Engádese unha ramiña de romeu, sal e pementa. Mentres se fan as patacas, dóuranse nunha tixola, con aceite de oliva, as cebolas cortadas en xuliana moi fina. Unha vez douradas, engádese o mel e a soia e déixase reducir un pouco. Ponse o atún dentro da salsa e cocíñase por ambos os dous lados sen pasalo moito.
Presentación do prato, póñense na parte dereita as patacas en forma de abano e colócase o atún enriba. Na parte esquerda, ponse un cordón de cebola, salséase o atún e decórase cunha ramiña de romeu.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org