I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Gañador:
Juan Alcaide Gálvez

FALSA EMPANADA DE POLBO AO MEL, CON ESCUMA DE PATACA E BERBERECHOS AO NATURAL

INGREDIENTES: 100 g mel Galicia, 600 g pataca, 500 g polbo, 0,3 l nata, 1 l aceite oliva virxe extra, 150 g cebola vermella, 200 g pemento verde, 200 g pemento vermello, 1 bolsa pasta won ton, 50 g sal, 20 g pementa, 0,1 l albariño, 1 l auga, 200 g berberechos, 1 g pemento do Vero, 10 g sal maldón, 2 cargas, perexil.

01_co_01

Empanada de polbo: Introducir tres veces o polbo na auga fervendo antes de cocer. Cócese ata o punto de cocción al dente. Córtase en xuliana a cebola, o pemento vermello, o pemento verde e póchase. Engádese unha cullerada de mel, un pouco de pemento doce e picante e sazónase. Quéntase mel. Córtase o polbo en toros finos e engádese á farsa. Resérvase. Frítese a pasta Won Ton, ponse enriba de papel absorbente.
Escuma de pataca: ferver a pataca cortada en cachelo. Dáselle un fervor á nata e ao aceite e engádese a pataca e auga de cocer a pataca. Sazónase e pónselle un punto máis de sal e pementa. Pásase todo polo batedor, por un chinés, énchense tres cuartas partes do sifón, introdúcense dúas cargas. Déixase a escuma nun baño maría quente.
Berberechos ao natural: ábrense ao vapor nunha cazola cun pouco de auga, un chorro de albariño e unha folla de loureiro.
Presentación do prato: píntase unha lámina de pasta Won Ton con mel, ponse enriba un pouco de farsa, colócase outra lámina de pasta Won Ton con mel e vólvese poñer enriba farsa. Ao lado, faise unha quenefa coa escuma de pataca. Cóbrese co pemento en po, póñense unhas areas de sal maldón e, por último, vértese un chorro de aceite sobre a quenefa.

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia