I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.
FINALISTA:
Samuel Modesto Ballesteros González
BISCOITO Á TRUFA
|
Biscoito ao cacao: montar as claras e o azucre e mesturar coas xemas cando deixen un fío ao levantar a variña. Barutar a fariña, engadir o cacao e mesturar. Xuntar a mestura pouco a pouco. Meter nunha manga de boquilla lisa e depositar nunha lata con papel antigraxo. Enfornar a 230º C durante 15 minutos. Meter no lateiro.
Trufa con esencia de mel: mesturar a tona, o azucre, o licor e o mel. Bater ata montar a tona. Fundir o chocolate ao baño maría e engadir á mestura. Remover rapidamente e meter na neveira.
Tellas de mel: mesturar o resto dos ingredientes coa manteiga e no silpat darlle forma circular. Enfornar a 180º C ata dourar. Botar en 2 flaneiras e deixar arrefriar.
Merengue: montar a tona co azucre rapidamente. Labras: mesturar a fariña, a améndoa en po e o azucre. Engadir todos os ovos e as claras e mesturar ben coa espátula. Dispoñer tiras de 15 cm de longo, enfornar a 220º C, durante 10 minutos. Enrolar as tiras en moldes tubulares e deixar arrefriar. Desmoldar. Cortar o biscoito con moldes ovalados axudados por unha puntilla. Colocar un de base, a trufa e poñer outro encima, con axuda de moldes. Colocar nun prato e colocar unha labra en cada un. Noutra esquina colocar as tellas, dentro o merengue e encima un amorodo en forma de flor. Decorar con kiwi no centro do prato.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org