I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.
Gañadora:
Ana Rodríguez Pérez
FOIE CARA”MEL”IZADO CON SORBETE DE MANGO, NIÑO DE APIO E CEBOLA, CON PREBE AGRIDOCE DE CAFÉ E AROMA DOCE DE MENTA
|
Foie caramelizado: cortar o foie cun cortapastas. Quentar lixeiramente o mel ao baño maría. Pintar de mel a superficie do foie e cubrir cunha capa de azucre en po barutado. Quentar coa pa eléctrica ata que caramelice. Se fose preciso, repetir a operación co azucre en po.
Sorbete de mango: pelar e picar o mango. Co zume de laranxa, o azucre e a auga facer un xarope a punto de hebra fina. Mesturar na termomix e triturar. Meter na neveira.
Niño de cebola e apio: cortar tiras finas ao longo do apio, fritir en abundante aceite de xirasol. Poñer sobre papel absorbente, salgar e reservar. Pelar e branquear a cebola en auga con sal. Confeitar en aceite de oliva virxe.
Prebe agridoce de café: reducir o licor café, engadir vinagre, reducir un pouco máis. Se fose necesaria máis acidez, engadir máis vinagre.
Doce de menta: reducir o Martini ao final, engadir a menta fresca finamente picada. Reservar unhas follas e xemas para decorar. Facer unha lágrima de prebe agridoce de café que corte a diagonal do prato. Poñer unha fila de puntos de aroma doce de menta. A un lado, poñer o foie e unha bóla de sorbete de mango, decorar coa menta e unha violeta africana. No outro lado poñer un niño de apio e unha ceboliña confeitada.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org