I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.
FINALISTA:
Noelia Alonso Escobar
LÚA DE MEL
|
Tella de mel (lúa): mesturar a manteiga e o azucre, engadir fariña e, pouco a pouco, o mel. Estender sobre un silpat e enfornar ata que doure.
Canutillos bañados en mel: amasar a fariña e o sal barutados, xunto coa manteiga e o Albariño, amasar, deixar repousar, estender cun rolo, cortar rectángulos de diferentes tamaños, decorar con cortapastas, enrolar en canutillo metálico e fritir en aceite de xirasol. Para o baño de mel darlle un fervor á auga e azucre e engadir o mel. Pasar os canutillos polo baño e escorrer.
Mouse de queixo: mesturar o queixo Mascarpone co Queixo Arzúa-Ulloa, ata conseguir unha pasta cremosa e homoxénea. Agregar mel, licor de améndoas, sal e media lámina de xelatina rehidratada. Encher os canutillos coa mouse.
Xelatina de mel: reducir o mel ata caramelizar, sacar do lume, engadir 250 ml de auga temperada, engadir a xelatina e deixar arrefriar.
Sopa ácida de mazá: bater as mazás peladas e sen corazón xunto ao trina, coar e reservar.
Esparexer o bordo do prato con chuvia de po de laranxa. No centro, colocar 4 encaixes de canutillos recheos de Queixo Arzúa-Ulloa e aromatizados con pétalos de rosas e monllo de tomiño e bañados en mel. Unha lúa de mel de 22 cm, apoiada sobre nube de Queixo Arzúa-Ulloa, acompañado dun chupiño recheo de sopa de mazá ácida.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org