I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.
GANADORA:
Mª del Mar Lamela Fernández
PRIMAVERA DE MEL
|
Mouse de limón: disolver as xemas con zume de limón e a reladura dun limón. Remollar en auga a xelatina e disolver con leite a temperatura inferior a 35º C e mesturar coas xemas. Pasar polo baruto e mesturar coa tona montada. Botar a mouse en moldes cóncavos deixando o centro baleiro para botar o mel. Tapar con mouse. Alisar a base e meter no batedor.
Base de tulipa: bater as claras e o azucre en po a velocidade rápida durante 3 minutos. Engadir a velocidade lenta e despois aumentar a marcha. Engadir a tona batendo 1-2 minutos. Enfornar durante 3-4 minutos a 200º C, nunha placa con papel de teflón, dándolle forma de lágrima.
Glaseado de mel: quentar nunha cunca a xelatina, o mel e o limón ata disolver a xelatina. Sacar a mouse do batedor e desmoldar encima dunha reixa, bañar co glaseado.
Poñer a base de tulipa no prato con forma de lágrima. Colocar as grosellas, as framboesas e a menta bañadas en xelatina neutra. Colocar as espirais de caramelo e, por último, a mouse de limón encima da base e decorar co debuxo de caramelo e 2 grosellas.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org