I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.
FINALISTA:
Francisco Xavier Ferreiro Zas
COLMEA DE RAVIOLI CON PREBE DE VIEIRAS E MEL
|
Partimos dun volcán con fariña, ovos e sal, engadindo unha pasta de grelos (previamente escaldado e pasado por termomix). Xuntar, amasar e facer pasta compacta. Pelar patacas e meter en rondón con leite e allo. Deixar cocer e pasar termomix. Amasar a pasta e cortala en porcións pequenas, reenchelas con puré de allo trufado e formar paquetiños. En cazo pequeno e auga escaldar os raviolis, secar e en tixola e confeitar en aceite vainilla. Nun cazo pequeno, espremer a laranxa con viño branco e deixar reducir con vieiras, pasar pola termomix e polo baruto. E nun cazo pequeno botar azucre con mel e vainilla, deixar reducir ata formar o caramelo e facer forma de colmea. Colocar crocante de mel e vainilla no centro do prato, rodeado de paquetiños de raviolis e o prebe a unha beira do prato.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org