I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

2º Clasificado:
David Balado Pardo
María José Leira Luaces

Cremoso de queixo Cebreiro e mel en crocante e culís de amorodo

INGREDIENTES: Cremoso de queixo: 130 g Queixo Cebreiro, 40 g Mel de Galicia, 90 g tona, 100 g noces picadas, 140 g leite, 4 g xelatina en colas. Crocante: 100 g manteiga, 250 g azucre en gran, 50 g licor de noces, 120 g fariña. Culís de amorodo: 25 g azucre en po, 100 g amorodos. Decoración: 50 g amorodos, 50 g cobertura branca.

01_co_01

Cremoso de queixo: hidratar a xelatina na metade do leite. Traballar o queixo co resto do leite. Semi-montar a tona. Quentar o leite coa xelatina ata disolvela. Deixar que perda calor e incorporar á mestura de queixo. Incorporar a tona e, por último, as noces en anacos.
Crocante: empomar a manteiga e engadir o azucre. Traballar ben e mesturar co licor e, por último, coa fariña. Estender sobre silpat e enfornar ata que quede dourado. Retirar do forno e, en quente, cortar círculos do tamaño adecuado co cortapastas.
Culís de amorodos: limpar os amorodos e trituralos na termomix. Mesturar azucre en po. Coar por un coador.
Sobre o prato de presentación, debuxar unha flor ao cornete con cobertura branca. Encher o fondo da flor con culís de amorodo. No centro da flor, colocar o cremoso de queixo montado en capas, intercalado con discos de crocante. Terminar con cuartos de amorodos sobre o prato.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia