I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
Anxo Montilla Fernández
Juan Jesús Patiño

Solombo ao cava con puré de patacas ao mel e cogomelos

INGREDIENTES: Solombo de tenreira, patacas, cebola, allo, Mel de Galicia, laranxa, cogomelos (Cratherellus cornucopioides), cava, manteiga, tona, fondo escuro, sal, pementa negra moída.

01_co_01

Solombo: rebozar en mel, botar sal e pementa e dourar nunha sauté. Pasar a unha placa de forno, xunto co allo e a cebola picados. Facer no forno 90 minutos, aproximadamente, bañando de cando en vez co cava e o mel. Cortar en lascas.
Puré: cocer as patacas, pasalas polo pasapuré e por un baruto. Engadir a tona, a manteiga e o sal e traballar co lume moi baixo coa axuda dunhas variñas. Engadir o mel e o zume de laranxa e traballar outro pouco.
Cogomelos: facer nunha sauté cun pouco de manteiga e fondo escuro. Botar sal e pementa. Cando estean feitos, reducir o prebe con tona. Servir o solombo sobre unha base de aros de cebola enfariñados e fritidos, acompañados do puré e dos cogomelos. Napar o solombo co prebe dos cogomelos.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia