I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
Mª Preciosa Cabral Pérez
Jesús Guerra Bahamonde

Lombo de coello recheo de castañas, cogomelos e xamón ao armagnac, glaseados ao “mel de Galicia” con raviolis de repolo, arroz meloso de Queixo Tetilla e salteado de mazás

INGREDIENTES: Lombos de coello, cogomelos de cardo, castañas, Mel de Galicia, repolo, arroz, Queixo Tetilla, mazás, cebola, allo-porro, xamón, aceite de oliva, fondo branco, sal.

01_co_01

Quítanselles os ósos aos lombos de coello e énchense cun preparado feito con xamón, cogomelos e castañas ligados lixeiramente cun paté, brídanse e ásanse ao forno. Unha vez asados, nápanse co mel e glaséanse na salamandra.
O repolo cócese e córtase en rectángulos. Dentro de cada un deles ponse un pouco do mesmo recheo do coello e quéntanse no forno cunha pouca manteiga.
Para o arroz, refógase en manteiga o allo-porro, bótase o arroz e vaise engadindo o caldo, a medida que este se vaia consumindo. Cando pasen uns 18 minutos, incorpórase o queixo en dados e ségueselle dando voltas ata que o queixo se funda.
As mazás córtanse fileteadas e saltéanse en aceite de oliva, con sal e pementa.
Para a presentación do prato, córtanse os lombos en rodelas e póñense no prato acompañadas polas diferentes gornicións.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia