I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
Jesús Soneira Ramos

Solombo á mostaza en prebe agridoce

INGREDIENTES (3 racións): 1,5 kg solombo de porco, mostaza en gran, 1 chalota, 2 dl aceite de oliva, 1 cullerada Mel de Galicia, 1 cullerada vinagre balsámico, 1 kg pataca kénebec, 3 dl fondo branco, 1 dl tona líquida, 75 g fariña, 75 g manteiga, 1 laranxa, ½ kg pan de Broa, 1 rama de menta, sal e pementa.

01_co_01

Botarlle sal e pementa ao solombo, recubrilo de mostaza e reservar. Pelamos as patacas e cortámolas en misto, mantémolas en auga.
Facemos un roux ao que lle engadimos o vinagre balsámico, deixamos reducir e, a continuación, poñemos o mel, sazonamos e engadimos parte do fondo, ata que acada unha textura cremosa. Engadimos o zume de media laranxa e rectificamos sabor. Afastamos do lume e engadimos un pequeno chorro de tona. Reservamos o prebe ao baño maría.
Douramos o solombo e, a continuación, poñémolo no forno 5 minutos cunha temperatura moi alta. Sacámolo e cortámolo en lascas finas e recubrímolo co prebe. Como gornición, patacas misto fritas. Acompañamos cun anaco de pan de broa con mel de Galicia.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia