Datos técnicos

 

A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia ten acollidas na actualidade 30.952 colmeas pertencentes a 410 apicultores con un volumen de produción próxima ás 620 toneladas. No rexistro de envasadores están inscritas 38 plantas de envasador que durante o ano 2007 comercializaron 304 toneladas coa contraetiqueta identificativa de “Mel de Galicia”.

Para garantir a calidade do mel o Consello Regulador controla todo o proceso dende a colmea ata o punto de venda levando a cabo inspeccións periódicas nas explotacións apícolas, nas plantas de envasado así como en puntos de venda velando deste xeito polo cumprimento das esixencias do Regulamento. Estas inspeccións compleméntanse coa toma de mostras tanto nas envasadoras como nos puntos de venda as cales son analizadas para asegurar a calidade do noso mel.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia