Promocións

CONCURSO AS AVENTURAS DE MELUCHA

Imaxina un conto coas aventuras da nosa abella Melucha e consegue un hotel de insectos para a túa escola, además as tres mellores historias serán ilustradas e editadas para que formen parte da biblioteca da escola.

Bases completas 

1. “As aventuras de Melucha” é un concurso literario co tema central do concurso “Mel de Galicia”, Melucha dende a flor ao tarro.
2. Poderán participar nenos e nenas matriculados en Educación Primaria de Colexios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Os traballos presentaranse en formato DinA4, escritos a man e con redacción en galego, máximo 5 folios.
– Os colexios enviarán nun sobre os traballos a sede do Consello ou enviarase por correo postal ao Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. O enderezo é: Pazo de Quián, s/n, 15881 Sergude, Boqueixón, A Coruña.
4. A data límite de presentación rematará o 15 de decembro de 2021 ás 15:00 horas.
5. Os tres mellores contos serán ilustrados e editados no libro “As aventuras de Melucha”.
6. Os cativos e colexios poderán optar aos seguintes premios:
– Para os tres cativos gañadores un lote de Mel de Galicia, máis dez exemplares do libro “as aventuras de Melucha” e un diploma acreditativo.
– Para os trinta primeiros colexios que envíen os contos o premio será un hotel de insectos e un exemplar do libro “As Aventuras de Melucha”

 

CATÁLOGO: 

O MEL OURO DOCE DA NATUREZA