Noso Mel     Tipos de Mel     Beneficios

O Noso Miel

O Mel de Galicia é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal desde fai centos de anos. O coidado e as atencións que se poñen na súa elaboración permítenlle conservar as súas propiedades xenuínas.
En Galicia gozamos dun clima especialmente benigno con abundante choiva ao longo de todo o ano. Estes factores,ademais das características especiais dun chan granítico e da influencia dos ventos e os aires mariños, dan lugar a unha flora rica e variada, que permite tanto a produción de mel monofloral como a dun abanico de mel de milflores. Os colmenares galegos son pequenos e déixanse mimar con esmero polo apicultor. Conséguese así a calidade nos procesos de extracción e envasado de produto que nos caracteriza.
Este mel acóllese á I. X. P. “Mel de Galicia” e leva como selo de garantía a contraetiqueta identificativa propia.