Consello Regulador

Un longo camiño leva percorrido o Mel de Galicia, no ano 1988 recoñécese como “Produto Galego de Calidade” e finalmente no 2007 conseguiu a protección europea coa publicación da inscrición da IXP Mel de Galicia no rexistro de denominacións de orixe protexidas e de indicacións xeográficas da comisión europea.

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é o organismo ao que se lle atribúe a xestión da denominación e é encargado de controlar, amparar e certificar o “Mel de Galicia”, identificando esta certificación coa súa contraetiqueta correspondente, que é o aval de que este mel cumpre con todos e cada un dos requisitos de calidade reflectidos no prego de condicións.

A zona de produción, elaboración e envasado dos meles amparados abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.